jueves, 29 de enero de 2015

XESTOS DE CORES (Animoto)

O mesmo traballo que no caso anterior pero neste caso o que se fixo con Color Splash Effect foi enviado a Animoto. Pero soamente deixou subir 12 imaxes. Aínda así o efecto é moi chamativo.

Xestos de cores. (Animoto)

XESTOS DE CORES

Os nenos de infantil de 4 anos exploraron dúas aplicación "Color Splash Effect" e "Lensoo Create". Ademais tiveron que recurrir á imaxinación da que non están escasos como podedes ver. Eles fixeron as fotos e gravaron a súa voz para explicar o froito da súa imaxinación.

UNHA ANIMALADA DE PRIMEIRA!

Así titulamos nós, Conchi e Manuela, a actividade que fixemos coas nosas "criaturitas" de primerio. Aproveitando que as dúas estábamos a traballar os animais fixemos unha especie de diccionario bilingüe (galego-inglés). Utilizamos as apps "Tellagami" e "LensooCreate".

Este é o resultado da actividade usando a app Tellagami.

video

E o seguinte vídeo resume a actividade feita con "Lensoo Create".
Ao igual que no anterior traballo foron os propios nenos os que manipularon as tablets, introducindo os textos, insertando os seus debuxos e gravando o audio, aínda que neste video non se pode apreciar este último aspecto.


Lensoocreate from Conchy Orellana on Vimeo.

domingo, 18 de enero de 2015

REFLEXIÓNS SOBRE A 3ª SESIÓN DO XOVES 15 de XANEIRO de 2015

Con esta sesión que tivo dúas partes claramente diferenciadas empezamos a ter xa a sensación de entrar en materia.  Algo que en maior ou menor grao todos-as estabamos desexando.
Na primeira parte José Antonio Fraga "abrumounos" con todos os seus proxectos nos que os seus alumnos-as son claros protagonistas.  Amosou un traballo froito de tres anos de busca e innovación.  En calquera caso unha mostra moi extensa a cargo dun compañeiro a pé de aula coma nós o que fai pensar que é posible traballar nesa liña.  Unha conclusión desta parte é que seguemos a cargar o almacén de ideas e posibilidades.  Como crítica construtiva dicir que seguramente sería positivo que en lugar de amosar moitos proxectos, nun deles ou en dous profundizara máis coa intención de comprobar o desenvolvemento concreto do proxecto e con que recursos TIC o levou a cabo.
Na segunda parte distribuídos-as por grupos aos que se lles deu unha tarefa concreta para levar a cabo na Tablet a través das aplicación suxeridas.  Cada grupo "disfrutaba" dunha aplicación, en moitos casos case por primeira vez. 
Dispoñíamos de moi pouco tempo e aínda con esas presas e "presión" todos os grupos lograron plasmar, independentemente da calidade, as ideas que previamente aportou cada un dos membros a título individual.
Chegaron esas mostras a través das seguintes aplicación: tellagami, notegraphy, soundcloud, sockpuppets e chatterpix.  As tres primeiras existentes para android, aínda que traballamos coas ipad que trouxo a asesora.
A sensación final na que todos-as coincidimos é que con moi pouco dominio, moi pouca práctica (e inseguridades e medos) e con moi pouco tempo (uns 20-25') se conseguen xa uns froitos moi dignos que podedes observar.

viernes, 16 de enero de 2015

Cómo crear un artigo no blogue

Aquí tedes un mini-titorial onde podedes seguir os pasos para escribir un artigo no blogue e incluir nel unha etiqueta.

 

miércoles, 14 de enero de 2015

Plan de traballo: Bambalinas. Deseñando e implementando actividades de aula que integren as TIC



Despois da sesión (Camerino - Reflexión e Emprego didáctico de apps) onde traballamos con distintas aplicacións, agora cada un de vós debe escoller unha aplicación e deseñar unha actividade de aula con ela.

Para axudarvos no deseño da actividade, deixámosvos este documento, que debedes de copiar e traballar sobre él para o deseño da mesma.



A implementación das actividades de aula deberá realizarse antes do 1 de febreiro de 2015. Para despois poder reflexionar todos sobre, como nos foi?

AUTO-REFLEXIÓN : Despois de implementar a actividade faremos unha auto-reflexión da mesma cubrindo este AUTOINFORME.


Ánimo a tod@s


Sesión Camerino

PRESENTACIÓN DA EXPERIENCIA DE ANTONIO FRAGA

Nesta sesión Antonio Fraga (@O_fragha) contaranos a súa experiencia na aula. 


No seguinte enlace tedes os materiais dos proxectos traballados por @o_fragha e o seu alumnado.



Despois de ver os traballos do alumnado de @o_fragha imos reflexionar e experimentar as posibilidades de uso de varias apps das nosas tablets:

DINÁMICA DE REFLEXIÓN E EMPREGO DE APPS


Por grupos traballamos nas seguintes dinámicas:


Grupo 1: Reflexionamos sobre que acabo de ver? que penso sobre o que vin? que me pregunto? 

Para recoller os resultados empregaremos a app Tellagami.



Grupo 2: Reflexionamos sobre a participación en proxectos colaborativos. Que poden aportar á nosa aula?

Para recoller os resultados empregaremos a app Chatterpix.


Grupo 3: Reflexionamos sobre a creación de video na aula. 

Para recoller os resultados empregaremos a app Sockpuppets.




Grupo 4: Reflexionamos sobre o emprego do audio na aula. 
Para recoller os resultados empregaremos a app soundcloud.


Grupo 5: Reflexionamos sobre as aportación de producións gráficas na aula.

Para recoller os resultados empregaremos a app Notegraphy.


Os resultados da sesión deben ser publicados no blogue do noso proxecto Competablets por Tarefas.