domingo, 17 de abril de 2016

SESIÓN 9. (Xoves, 14 de abril de 2016)

Tivemos unha sesión moi produtiva xa que ter preto a recta final sempre axuda. Abordáronse tres aspectos. En primeiro lugar, comentamos e revisamos as rúbricas que se subiron ao Drive como tarefa da anterior sesión. Logo se comentou que podemos facer finalmente para mellorar as tarefas deseñadas; básicamente axustar o feito e observado na posta en práctica que se fixo e que vai a vir para completar o proceso de aprendizaxe de elaboración de tarefas e rúbricas. Xa que valoraremos precisamente as nosas tarefas cunha rubrica espcífica para iso. Por último, a asesora Cris Puga presentounos a taxonomía de Bloom e sobre todo os Modelos de pensamento que serven para reflexionar que tipo de actividades deseñamos e están presentes por tanto nas nosas tarefas. O que debería axudar a deseñar actividades que abarquen distintos aspectos dos que cada un por costume ou idea tende a deseñar evitando así perder outros enfoques no traballo.

domingo, 3 de abril de 2016

SESIÓN 8. (Xoves, 31 de marzo de 2016)

No camiño de completar os aspectos básicos que son necesarios para deseñar e levar a cabo unha tarefa tivemos nesta ocasión que deseñar unha rubrica para un estándar dunha das actividades de cada tarefa. Unha vez deseñadas ditas rúbricas quedamos á espera para na seguinte sesión recibir as "críticas" para cada rúbrica que pasou polo filtro das asesoras do cfr. Respectamos os pasos recomendados na sesión anterior e resultou unha sesión moi cómoda e moi centrada.