sábado, 20 de diciembre de 2014

REFLEXIÓNS SOBRE A 2ª SESIÓN DO MÉRCORES 10 DE DECEMBRO DE 2014

Houbo una boa estruturación e planificación o que fixo amena e participativa a sesión.  Profundizouse na necesidade de cambiar para chegar a traballar xa coas tablets e unha app a modo de exemplo.
Outra toma de contacto coas dúas partes que van marcar o seminario: o traballo por tarefas e o traballo coas apps.  Serveu ademáis como ocasión para debatir e intercambiar opinións para chegar a acordos en canto a metodoloxías e obxectivos a perseguir. 
Os  membros do seminario tamén son conscientes das súas iniciais dificultades cos dispositivos móbiles, lóxicos por outra parte.  Ao mesmo tempo que posiblemente se esperten conciencias en canto a abandonar zonas de confort, formarse, non "delegar" ou parapetarse en axentes externos como excusa para non cambiar. 
Unha vez rematada a sesión as valoracións en frío xiran ao redor das infinitas posibilidades que poden dar tanto as tarefas como despois as apps.  
Todo isto asusta un pouco pero tamén se deixou claro que non é labor dun día.

REFLEXIÓNS SOBRE A 1ª SESIÓN DO XOVES 27 DE NOVEMBRO DE 2014.

As sensacións que se desprenden da primeira sesión resultaron un tanto contraditorias.  As expectativas dos membros do seminario eran moi diversas e algúns aspectos non resultaron moi aproveitables.  Seguramente esperábamos algo máis de práctica.  En calquera caso serviu para ir facéndose unha idea do que vai vir e como primeira toma de contacto.  Foi moi ilustrativo o traballo mostrado por Susana Lamela xa que desde o primeiro día temos un exemplo cercano de como traballar cos nenos-as e coas apps.
Tamén despertou conciencias en canto á necesidade de facer cambios metodolóxicos, en certo modo parece que inminentes.  Sen esquecer o mantemento do que ata agora estivo dando froitos positivos e aproveitables. 
Os problemas técnicos empañaron un pouco a tarde, xa que as presentacións quedaron desvirtuadas e dificultaron a comprensión e o seguimento dos aspectos que se pretendían.

ASPECTOS DESTACADOS DO DECRETO 105/2014

lunes, 8 de diciembre de 2014

ORGANIGRAMA PROXECTO

O organigrama final do proxecto será similar ao seguinte, aínda que as sesións poidan sufrir algunha modificación:

Definición dos obxectivos do proxecto

Entre todos debemos definir os obxectivos do proxecto.

1) Dividímonos en grupos de 4
2) Cada compoñente do grupo, escribe de forma individual un obxectivo do proxecto.
3) Xuntámonos dous a dous, os compoñentes de cada equipo, e extraemos un único obxectivo, que teña aportacións de cada un de nós.
4) Por último, xuntamos os dous obxectivos do equipo e refundímolos en un.

Finalmente, temos tantos obxectivos coma equipos. Entre todos valoramos si reunificar algún.

SUBÍMOLOS AO BLOGUE, nunha nova páxina que se chame "O Proxecto".

Plan de traballo

Xa que estamos inmersos neste proxecto de formación, imos traballar todos e todas xuntos neste blogue colaborativo, que será a médula espinal do noso proxecto.

Na seguinte imaxe interactiva tedes o plan de traballo inicial, e en cada actividade, tedes enlazado un minititorial que vos explica cómo facer cada un dos pasos.