¿QUIENES SOMOS?


Quen somos?
Neste curso decidimos darlle continuidade ao seminario do curso anterior enfocando a nosa atención e os nosos esforzos a profundizar no traballo por tarefas.  Incluindo nel na medida do posible técnicas de trabajo cooperativo.  Terá un papel primordial a colaboración entre os distintos titores e titoras cos especialistas tanto á hora de implementar na aula as tarefas deseñadas como no propio deseño. 
Permanecemos neste proxecto os seguintes mestres:
Daniel Cid (titor de 5º), Gloria García (titora de 3º B), Miriam García (titora de infantil 4 anos B), Mercedes García (P.T.), Cristina Márquez (Relixión) e Manuel Núñez (Psicomotricidade-EF). 
E incorporáronse so seguintes:
Montse Álvarez (titora de infantil 4 anos A), Cristina Fariñas (A.L.), Fany Fontenla (titora de 2º) e Antía Seixo (apoio en ed. infantil no CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo).
A pretensión final ademais dos obxectivos plantexados é chegar a un cambio metodolóxico gradual no que o traballo por tarefas e outras metodoloxías estean ao servizo dos alumnos-as; no que eles sexan os protagonistas centrais da súa aprendizaxe.