lunes, 28 de marzo de 2016

SESIÓN 7. (Luns, 14 de marzo de 2016)

Aínda que todavía poden ser revisables e susceptibles de modificación as tarefas xa empezan a convencernos. Por iso nesta sesión dimos un paso adiante e foi o momento de plantexar a elaboración de rúbricas de avaliación. En calquera caso trátase de escoller un estándar, que poda e interese avaliar deste xeito, dunha actividade de cada tarefa das deseñadas ata o momento. Coa axuda da asesora Cris Puga tivemos unha visión moi centrada nos pasos necesarios e básicos para facer unha rúbrica cos menores erros posible. De todos modos terán que pasar o filtro do cfr e dunha próxima sesión dirixida precisamente a perfeccionar as rúbricas que deseñemos na seguinte sesión. Así comeza a tomar forma todo o proceso que engloba a unha tarefa.

martes, 15 de marzo de 2016

RÚBRICAS PARA AVALIAR

Despois de deseñar actividades e exercicios para desenvolver tarefas agora é o momento de empregar algunha rúbrica para avaliar o nivel de desempeño dun estándar que consideremos importante dentro da tarefa.

Instrumentos Avaliación Rúbrica Diapos (1)