Todos los triunfos nacen cuando nos atrevemos a comenzar. EUGENE WARE Saber no es suficiente; tenemos que aplicarlo. JOHANN W. GOETHE Si buscas resultados diferentes no hagas siempre lo mismo. ALBERT EINSTEIN.
domingo, 17 de abril de 2016
SESIÓN 9. (Xoves, 14 de abril de 2016)
Tivemos unha sesión moi produtiva xa que ter preto a recta final sempre axuda. Abordáronse tres aspectos. En primeiro lugar, comentamos e revisamos as rúbricas que se subiron ao Drive como tarefa da anterior sesión. Logo se comentou que podemos facer finalmente para mellorar as tarefas deseñadas; básicamente axustar o feito e observado na posta en práctica que se fixo e que vai a vir para completar o proceso de aprendizaxe de elaboración de tarefas e rúbricas. Xa que valoraremos precisamente as nosas tarefas cunha rubrica espcífica para iso. Por último, a asesora Cris Puga presentounos a taxonomía de Bloom e sobre todo os Modelos de pensamento que serven para reflexionar que tipo de actividades deseñamos e están presentes por tanto nas nosas tarefas. O que debería axudar a deseñar actividades que abarquen distintos aspectos dos que cada un por costume ou idea tende a deseñar evitando así perder outros enfoques no traballo.
domingo, 3 de abril de 2016
SESIÓN 8. (Xoves, 31 de marzo de 2016)
No camiño de completar os aspectos básicos que son necesarios para deseñar e levar a cabo unha tarefa tivemos nesta ocasión que deseñar unha rubrica para un estándar dunha das actividades de cada tarefa.
Unha vez deseñadas ditas rúbricas quedamos á espera para na seguinte sesión recibir as "críticas" para cada rúbrica que pasou polo filtro das asesoras do cfr.
Respectamos os pasos recomendados na sesión anterior e resultou unha sesión moi cómoda e moi centrada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)