domingo, 18 de enero de 2015

REFLEXIÓNS SOBRE A 3ª SESIÓN DO XOVES 15 de XANEIRO de 2015

Con esta sesión que tivo dúas partes claramente diferenciadas empezamos a ter xa a sensación de entrar en materia.  Algo que en maior ou menor grao todos-as estabamos desexando.
Na primeira parte José Antonio Fraga "abrumounos" con todos os seus proxectos nos que os seus alumnos-as son claros protagonistas.  Amosou un traballo froito de tres anos de busca e innovación.  En calquera caso unha mostra moi extensa a cargo dun compañeiro a pé de aula coma nós o que fai pensar que é posible traballar nesa liña.  Unha conclusión desta parte é que seguemos a cargar o almacén de ideas e posibilidades.  Como crítica construtiva dicir que seguramente sería positivo que en lugar de amosar moitos proxectos, nun deles ou en dous profundizara máis coa intención de comprobar o desenvolvemento concreto do proxecto e con que recursos TIC o levou a cabo.
Na segunda parte distribuídos-as por grupos aos que se lles deu unha tarefa concreta para levar a cabo na Tablet a través das aplicación suxeridas.  Cada grupo "disfrutaba" dunha aplicación, en moitos casos case por primeira vez. 
Dispoñíamos de moi pouco tempo e aínda con esas presas e "presión" todos os grupos lograron plasmar, independentemente da calidade, as ideas que previamente aportou cada un dos membros a título individual.
Chegaron esas mostras a través das seguintes aplicación: tellagami, notegraphy, soundcloud, sockpuppets e chatterpix.  As tres primeiras existentes para android, aínda que traballamos coas ipad que trouxo a asesora.
A sensación final na que todos-as coincidimos é que con moi pouco dominio, moi pouca práctica (e inseguridades e medos) e con moi pouco tempo (uns 20-25') se conseguen xa uns froitos moi dignos que podedes observar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario