Tendo recente a sesión de formación do luns que para algúns membros do seminario foi a primeira neste sentido, máis esta sesión na que a asesora Cris Puga "atacou" as nosas tarefas previo filtro no cfr; quedou o camiño bastante máis claro. Parece polo tanto esta cuarta sesión un punto de inflexión importante.
Quedaron claras tres cuestións. Primera, pensar sempre se na redacción e deseño da tarefa estamos ofrecendo toda a información necesaria para que ningún aspecto da tarefa quede esquecido ou sobreentendido. Segunda, comprobar a pertinencia da tarefa para o nivel; xa que pode que teñamos unha tarefa que nos enche pero que non cumpre os estándares do curso para o que vai pensada. E, terceira, plantexarse se compensa o volume e características da tarefa para traballar un só estándar de avaliación.
Queda por diante agora avanzar e profundizar nas tarefas que temos encamiñadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario