Todos los triunfos nacen cuando nos atrevemos a comenzar. EUGENE WARE Saber no es suficiente; tenemos que aplicarlo. JOHANN W. GOETHE Si buscas resultados diferentes no hagas siempre lo mismo. ALBERT EINSTEIN.
Mostrando entradas con la etiqueta Planificación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Planificación. Mostrar todas las entradas
martes, 30 de mayo de 2017
LIBRO DE RECEITAS CREATIVAS
Esta tarefa foi realizada polos alumnos-as de 4º de Educación Primaria coa titora Gloria. Cada alumno-a fixo o plantexado na tarefa para formar finalmente un libro de receitas que tivo moito éxito.
viernes, 26 de mayo de 2017
viernes, 19 de mayo de 2017
VIVA O CÓMIC
Esta tarefa realizouse cos alumnos-as de 6º do colexio Canicouva que ademais será utilizada na exposición final que fará o curso tras elexir a temática do cómic.
domingo, 14 de mayo de 2017
CHAVEIROS Á CAIXIÑA
Esta tarefa é outra das que temos enmarcadas para desenvolver na actividade colaborativa co CEIP Josefa Alonso. En concreto será posta en práctica o xoves 1 de xuño no parque de Castrelos. Foi deseñada entre Raquel Saavedra e Manuel Núñez.
CANTO ESPACIO !!!
A tarefa que aquí podemos observar foi levada a cabo por Raquel Saavedra cos seus alumnos-as de 6º de educación infantil do CEIP Canicouva.
COLABORIENTACIÓN EN CASTRELOS
Esta tarefa foi levada a cabo por Manuel Núñez cos alumnos-as de 4º de Educación Primaria do CEIP Canicouva dentro dunha actividade colaborativa co CEIP Josefa Alonso.
SOMOS COCIÑEIROS-AS
Esta tarefa desenvólvese con catro alumnos ,dous con ACI, que asisten as aulas de audición e linguaxe. Realizada por Cristina Fariñas no CEIP Escultor Acuña.
martes, 24 de mayo de 2016
Rúbrica para avaliar o guión literario partindo dunha casualidade.
Con esta rúbrica avaliamos a actividade 7 do deseño de tarefas.
2.2. Rubríca Guión Literario (Casualidades).Docx. by ritoquimanu
CASUALIDADES DA VIDA
Esta tarefa foi deseñada para os alumnos-as de 5º de educación primaria do CEIP Canicouva para o curso escolar 2015-2016.
Rúbrica para avaliar unha actividade do CONCURSO LINGÜÍSTICO
Coa seguinte rúbrica podremos avaliar a actividade 6 da tarefa do CONCURSO LINGÜÍSTICO sobre vocabulario de astroloxía.
CONCURSO LINGÜÍSTICO (Pasapalabra con vocabulario de astroloxía)
Os nosos alumnos-as aprenderon vocabulario de astroloxía ao mesmo tempo que elaboraron e participaron nun concurso a semellanza do Pasapalabra da TV.
lunes, 23 de mayo de 2016
Rúbrica da tarefa SEN PERDERNOS EN CASTRELOS.
Coa rúbrica que a continuación vedes podemos avaliar as actividades 2,3 e 7.
SEN PERDERNOS EN CASTRELOS
O deseño da tarefa xirou ao redor dunha carreira de orientación e cando teñamos a montaxe final veredes que ben o pasamos.
Rúbrica da tarefa somos infantilímpicos.
Para avaliar as actividades 1 e 2 da tarefa fixemos esta rúbrica:
XA SOMOS INFANTILÍMPICOS.
Na tarefa de infantil xa temos pechado o deseño. Queda pendente mostrar na sección de creacións como desfrutamos participando nas nosas olimpiadas en educación infantil de 4 anos.
3.1. INFANTILÍMPICOS V7 (Montse - Miriam - Antía - Manu).Docx by ritoquimanu
domingo, 28 de febrero de 2016
ANIMALANDIA (deseño da tarefa)
O banco de tarefas comeza con esta que non pasou por moitos filtros xa que tal como se deseñou e se realizou cos alumnos-as así quedou. En calquera caso trátase tamén dun entrenamento ademais de ir acumulando posibles tarefas que funcionen como base para o deseño ou aproveitamento futuro.
martes, 8 de diciembre de 2015
CONTIDO DAS PESTANAS DO NOSO BLOGUE.
Os contidos que estamos a elaborar e que vertemos no blogue responden aos seguintes apartados cada un coa súa pestana:
CITAS. Aquelas frases relativas a educación ou non pero que poden ser aproveitables.
CREACIONES. Os produtos e creacións feitas polos alumnos-as subirán a esta sección.
PLANIFICACIÓN. Aquí poderemos consultar o deseño curricular de cada produto, de cada tarefa.
FORMACIÓN. Todo o material que poda axudar a mellora aquí estará; pode proceder de ponencias, conferencias, cursos, material escrito, web, ...
REFLEXIÓN. Complementa ao anterior pero bebe de fontes menos directas; opinións periodísticas, de especialistas pero xerais, propias dos membros do grupo de traballo, ...
RECURSOS. Enfocado sobre todo a recursos dixitais; aplicacións, páxinas webs, ...
SESIONES. Explicación detallada do proceso a levar a cabo no grupo de traballo TAREFAS PARA O COTIÁ.
CITAS. Aquelas frases relativas a educación ou non pero que poden ser aproveitables.
CREACIONES. Os produtos e creacións feitas polos alumnos-as subirán a esta sección.
PLANIFICACIÓN. Aquí poderemos consultar o deseño curricular de cada produto, de cada tarefa.
FORMACIÓN. Todo o material que poda axudar a mellora aquí estará; pode proceder de ponencias, conferencias, cursos, material escrito, web, ...
REFLEXIÓN. Complementa ao anterior pero bebe de fontes menos directas; opinións periodísticas, de especialistas pero xerais, propias dos membros do grupo de traballo, ...
RECURSOS. Enfocado sobre todo a recursos dixitais; aplicacións, páxinas webs, ...
SESIONES. Explicación detallada do proceso a levar a cabo no grupo de traballo TAREFAS PARA O COTIÁ.
jueves, 12 de noviembre de 2015
CURSO 2015-16: NOVO PROXECTO NO CEIP CANICOUVA "TAREFAS PARA O COTIÁ"
SEMINARIO: TAREFAS PARA O COTIÁ (40 h)
A actividade constará de:
Docencia
|
Grupo
|
Individual
|
12 horas
(9 horas doc externa)
|
20 horas
|
8 horas
|
Obxectivos do proxecto de formación para o curso 2015/16- Tarefas para o cotiá son:
- Deseñar tarefas e actividades para implementar na aula.
- Empregar unha metodoloxía activa e colaborativa na implementación das tarefas na aula.
- Aumentar a participación activa con maior protagonismo e implicación dos alumnos-as.
- Preparar as exposicións finais para o Proxecto Documental Integrado do centro: DESCUBRIMENTOS e INVENTOS.
- Crear unha rede de aprendizaxe con intención de continuidade e con carácter aberto (incluso con outros centros ou docentes). [Blogue, …]
- Acadar un banco de tarefas a longo prazo que funcione como tarefas patrón ás que acudir.
- Cooperar entre os membros docentes e da comunidade educativa compartindo e creando ideas, propostas e experiencias.
Para avaliar si cumprimos estes obxectivos empregaremos o seguinte:
Característica
|
Indicador
|
Criterio de aceptación
|
Temporalización
|
Elaboración de tarefas integradas
|
As propias tarefas
|
Unha tarefa para cada grupo/clase no que imparten docencia os participantes
|
Ao remate do 2º trimestre
|
Aplicación na aula da tarefa integrada
|
Evidencias de implementación na ula en soportes diversos
|
Un produto final por cada tarefa
|
Ao remate da actividade
|
Elaboración dun banco de tarefas
|
As tarefas deseñadas coa súa documentación
|
Ter deseñadas a lo menos de forma completa dúas tarefas
|
Ao remate da actividade
|
Elaboración dun documento con propostas de mellora
|
O propio documento
|
Inclúa un guión con propostas de mellora sobre o seminario e propostas de continuidade
|
Ao remate da actividade
|
Satisfacción do grupo co traballo realizado
|
Acta da sesión final de reflexión
|
A maioría dos participantes valore como positivo a evolución do seminario
|
Ao remate da actividade
|
Iniciamos o curso 2015/16.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)