Mostrando entradas con la etiqueta Sesiones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sesiones. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de mayo de 2016

SESIÓNS 11 e 12. (Luns 2 e 9 de maio de 2016)

Estas dúas sesións son as esperadas. O deseño das tarefas, os retoques, as voltas, etc, deron lugar a implementación nas aulas do deseñado. Para iso necesitamos este tempo (en realidade moito máis) cos alumnos-as para poder realizar os traballos que se poden visualizar na sección de Creacións.

domingo, 1 de mayo de 2016

SESIÓN 10. (Xoves, 28 de abril de 2016)

Como último punto no aprendizaxe de deseño de tarefas incluimos os modelos de pensamento. Trátase de telos presentes para non limitarse ás tendencias persoais de cada mestre-a á hora de plantexar actividades. Polas causas que sexa cada un de nós soemos deseñar un tipo de tarefas nas que predominan algúns modelos de pensamento mentres que outros probablemente nunca teñan presencia. Por iso ao visualizalos é máis sinxelo acadar unha maior riqueza e variedade de actividades, o que é un aspecto claramente beneficioso tanto para a tarefa en sí como para os alumnos-as que a desenvolven.

domingo, 17 de abril de 2016

SESIÓN 9. (Xoves, 14 de abril de 2016)

Tivemos unha sesión moi produtiva xa que ter preto a recta final sempre axuda. Abordáronse tres aspectos. En primeiro lugar, comentamos e revisamos as rúbricas que se subiron ao Drive como tarefa da anterior sesión. Logo se comentou que podemos facer finalmente para mellorar as tarefas deseñadas; básicamente axustar o feito e observado na posta en práctica que se fixo e que vai a vir para completar o proceso de aprendizaxe de elaboración de tarefas e rúbricas. Xa que valoraremos precisamente as nosas tarefas cunha rubrica espcífica para iso. Por último, a asesora Cris Puga presentounos a taxonomía de Bloom e sobre todo os Modelos de pensamento que serven para reflexionar que tipo de actividades deseñamos e están presentes por tanto nas nosas tarefas. O que debería axudar a deseñar actividades que abarquen distintos aspectos dos que cada un por costume ou idea tende a deseñar evitando así perder outros enfoques no traballo.

domingo, 3 de abril de 2016

SESIÓN 8. (Xoves, 31 de marzo de 2016)

No camiño de completar os aspectos básicos que son necesarios para deseñar e levar a cabo unha tarefa tivemos nesta ocasión que deseñar unha rubrica para un estándar dunha das actividades de cada tarefa. Unha vez deseñadas ditas rúbricas quedamos á espera para na seguinte sesión recibir as "críticas" para cada rúbrica que pasou polo filtro das asesoras do cfr. Respectamos os pasos recomendados na sesión anterior e resultou unha sesión moi cómoda e moi centrada.

lunes, 28 de marzo de 2016

SESIÓN 7. (Luns, 14 de marzo de 2016)

Aínda que todavía poden ser revisables e susceptibles de modificación as tarefas xa empezan a convencernos. Por iso nesta sesión dimos un paso adiante e foi o momento de plantexar a elaboración de rúbricas de avaliación. En calquera caso trátase de escoller un estándar, que poda e interese avaliar deste xeito, dunha actividade de cada tarefa das deseñadas ata o momento. Coa axuda da asesora Cris Puga tivemos unha visión moi centrada nos pasos necesarios e básicos para facer unha rúbrica cos menores erros posible. De todos modos terán que pasar o filtro do cfr e dunha próxima sesión dirixida precisamente a perfeccionar as rúbricas que deseñemos na seguinte sesión. Así comeza a tomar forma todo o proceso que engloba a unha tarefa.

domingo, 28 de febrero de 2016

SESIÓN 6. (Xoves, 25 de febreiro de 2016)

A sensación que temos despois desta sexta sesión é que isto empeza a coller forma.  Unha vez que os equipos dentro do seminario quedaron clarificados neste caso foi o momento de pulir as tarefas en canto a actividades e estándares correspondentes.  Na maioría das actividades necesarias para desenrolar as tarefas xa rexistramos os exercicios necesarios á súa vez para levar a cabo cada actividade.
Básicamente temos xa en camiño. en proceso de profundización e perfeccinoamento as seguintes tarefas:
- Concurso lingüístico sobre vocabulario básico de astroloxía. 2º.
- Xogo para infantil.
- Somos infantilímpicos. 5º educación infantil (4 anos).
- Casualidades da vida. 5º educación primaria. Froito finalmente dunha fusión entre a tarefa orixinal de casualidades e de guión literario.
- Sen perdernos en Castrelos. 3º educación primaria. Actividade de carreira de orientación con estándares de sociais.
Ademais destas tarefas centrais e de aprendizaxe digamos profundo; pouco a pouco tamén comezan a aparecer probas que non pasan o filtro do propio seminario nin da asesora pero que serven como estaba prometido para o banco de tarefas e como "entrenamento".  Iso pódese consultar nas seccións de Creaciones y Planificaciones na que xa subimos a tarefa ANIMALANDIA realizado polos alumnos-as da titoría de 3º da mestra Gloria.

martes, 23 de febrero de 2016

SESIÓN 5. (Xoves, 11 de febreiro de 2016)

Unha vez iniciado o camiño do seminario en sí no sentido de plantexar as liñas xerais e de consensuar as tarefas a realizar ademais das parellas ou grupos implicados nelas, agora situámonos nunha especie de comezo. Neste caso as tarefas ademais de coller forma no seu deseño e redacción xa empezan a poñerse en marcha nas aulas xa que para chegar ás creacións previstas xa non podemos deixar pasar máis tempo. Incluso cabe a posibilidade de que certas tarefas non tan reflexionadas nin cun produto moi perfilado sexan subidos tamén ao blogue como mostra do proceso e como a especie de banco de tarefas que é un dos obxectivos do seminario. Tendo presente que haberá que facer correccións e extraer conclusións de cara a futuras tarefas que é precisamente do que se trata. Quedaron perfectamente distribuidos os camiños para cada tarefa. De xeito que xa cada membro implicado xa ten claro as liñas xerais do traballo que queda por facer.

sábado, 6 de febrero de 2016

SESIÓN 4. (Xoves, 21 de xaneiro de 2016)

Tendo recente a sesión de formación do luns que para algúns membros do seminario foi a primeira neste sentido, máis esta sesión na que a asesora Cris Puga "atacou" as nosas tarefas previo filtro no cfr; quedou o camiño bastante máis claro.  Parece polo tanto esta cuarta sesión un punto de inflexión importante.
Quedaron claras tres cuestións.  Primera, pensar sempre se na redacción e deseño da tarefa estamos ofrecendo toda a información necesaria para que ningún aspecto da tarefa quede esquecido ou sobreentendido. Segunda, comprobar a pertinencia da tarefa para o nivel; xa que pode que teñamos unha tarefa que nos enche pero que non cumpre os estándares do curso para o que vai pensada. E, terceira, plantexarse se compensa o volume e características da tarefa para traballar un só estándar de avaliación.
Queda por diante agora avanzar e profundizar nas tarefas que temos encamiñadas.

SESIÓN 3. (Luns, 18 de xaneiro de 2016)

Tivemos no CFR de Vigo a primeira sesión de formación a cargo de Ana Da Vila Alonso.  Nela abordou a estrutura a seguir no deseño dunha tarefa.  Aínda que é complexo como todos sabemos resumir un traballo enorme nunhas poucas horas, saímos cunha idea reforzada e clara sobre os principais aspectos cando se deseña e planifica unha tarefa.  E en calquera caso, o principal, comezar a facer.  Na liña do que tamén comentamos cos alumnos, aprender facendo.

viernes, 27 de noviembre de 2015

SESIÓN 2. (Xoves, 26 de novembro de 2015)

Nesta ocasión a sesión tiña a seguinte orde do día.  Expoñer as tarefas que cada pequeno grupo (parellas, tríos,...) pensou; coa idea de aproveitar as aportacións que fixeran os demais.  Aclaramos también o interesante que é usar o Google Drive, tanto para avanzar no traballo interno como á hora de comunicar ou enviar traballos á asesora.  Por último, comentamos as distintas seccións do blogue e o feito de facer as entradas respectando as etiquetas.  Creaciones; para os produtos finais e os traballos dos alumnos-as.  Planificación; para colgar o deseño das tarefas cando o consideremos pechado. Formación; aí irán presentacións, documentos, ... que calquera vexa oportuno subir. Sesiones; a explicación e a evolución do proceso de traballo que fomos levando a cabo. Reflexión; ideas extraídas de artigos, revistas, ... ou propias que veñen a reforzar a pertinencia do enfoque que pretendemos acadar.  Recursos; sobre todo apps, ou técnicas metodolóxicas que atopemos ou investigemos.
En canto teñamos as tarefas rexistradas en canto a actividades e os seus estándares subirémolas ao Drive para que as asesoras "castiguen" os nosos erros.
Por outra banda o principal debate interno que xa ven desde o comezo xirou ao redor de dúas ideas que en definitiva non son contrapostas pero que responden aos distintos ritmos que cada quen ten.  Temos unha tendencia que é a de implementar dun xeito máis o menos inmediato as tarefas que se pensen e outra á que non lle importa ter tarefas deseñadas aínda que a implementación non sexa inmediata nin a medio prazo.  En realidade, ambas tendencias responden ás dúas motivacións iniciais que tiñamos; o seminario tiña que valer para o traballo cotiá como así dí o propio nome que temos pero tamén figura entre os obxectivos acadar un almacén (banco) de tarefas que por cuestións de tempo non se poderán implementar todas.
En calquera caso haberá implementación das principais como ademais esixe as propias condicións dun seminario e se a maiores se deseñan máis tarefas pois serán benvidas.
O principal acordo que tomamos foi que nas sesións que teñamos directamente de traballo como a de este xoves dous tercios do tempo será para traballo de deseño entre o grupo de cada tarefa y o último tercio expoñemos aos demais co fin de dar a coñecer aos demais o que fai cada grupo e abertos ás aportacións que todos podemos facer.  Tendo en conta todo o que haberá que ir incluindo na tarefa a implementar durante o transcurso do seminario.
Outro aspecto a destacar para rematar é que por enriba de modelos de rexistro do deseño e programación da tarefa seguramente acabaremos adaptando un xeito de facer que interioricemos como noso.  Buscando certa simplificación e facilidade de traballo.

sábado, 21 de noviembre de 2015

SESIÓN 1

Estreanos o seminario coa primeira sesión o xoves 12 de novembro.  Despois de manter unha reunión previa na que acordaramos facer unha exposición das ideas de tarefa que ten cada un para que os demais fagan aportacións, críticas, axudas, ... nesta sesión xa coa asesora Cris Puga acordamos comezar a desenvolver as actividades necesarias para facer a tarefa exposta.  Engadindo o estándar ou estándares máis relacionados con esa actividade.
Polo tanto acordamos unificar as dúas decisións para a seguinte sesión.
Por outra banda na sesión deixamos establecida a necesidade de manter o blog do seminario anterior pero cunha estrutura distinta.  Asemesmo outra decisión foi empregar o Google Drive para coordinar mellor o traballo entre os implicados directamente en cada tarefa ou que os demais tamén podan aportar nela.
Finalmente adoptamos como modelo de ficha para rexistrar o deseño das tarefas un formato no que todos-as sepamos e podamos incluir cada documento no Google Drive.