Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de mayo de 2017

CANICÓPOLIS por Paula Rey Silva e os Canimonsters de 3º

Tarefa levada a cabo no curso 2016/2017, na aula de 3º do CEIP Canicouva de Vigo.
Está relacionda co Proxecto Documental Integrado do Centro: A volta ao cole en 80 libros, onde se propoñía traballar os xéneros literarios para mellor a competencia en comunicación lingüística do alumndao do centro.
A aula de 3º escolleu traballar os Mitos, especialmente os gregos, pola carga motivacional que posúen. Son relatos fantásticos cargados de acción, misterio, criaturas,... E a maiores contamos cunha extensa bibliografía relacionda. Os mitos gregos están moi extendidos e están presentes na cosa cultura máis do que pensamos.
Pero como non só hai mitos en Grecia tamén realizamos actividades relacionadas con Mitos e Lendas Galegas.



jueves, 12 de noviembre de 2015

CURSO 2015-16: NOVO PROXECTO NO CEIP CANICOUVA "TAREFAS PARA O COTIÁ"

SEMINARIO: TAREFAS PARA O COTIÁ (40 h)

A actividade constará de:


Docencia
Grupo
Individual
12 horas
(9 horas doc externa)
20 horas
8 horas


Obxectivos do proxecto de formación para o curso 2015/16- Tarefas para o cotiá son:


  1. Deseñar tarefas e actividades para implementar na aula. 
  2. Empregar unha metodoloxía activa e colaborativa na implementación das tarefas na aula.   
  3. Aumentar a participación activa con maior protagonismo e implicación dos alumnos-as. 
  4. Preparar as exposicións finais para o Proxecto Documental Integrado do centro: DESCUBRIMENTOS e INVENTOS. 
  5. Crear unha rede de aprendizaxe con intención de continuidade e con carácter aberto (incluso con outros centros ou docentes). [Blogue, …] 
  6. Acadar un banco de tarefas a longo prazo que funcione como tarefas patrón ás que acudir. 
  7. Cooperar entre os membros docentes e da comunidade educativa compartindo e creando ideas, propostas e experiencias.

Para avaliar si cumprimos estes obxectivos empregaremos o seguinte:



Característica
Indicador
Criterio de aceptación
Temporalización
Elaboración de tarefas integradas
As propias tarefas
Unha tarefa para cada grupo/clase no que imparten docencia os participantes
Ao remate do 2º trimestre
Aplicación na aula da tarefa integrada
Evidencias de implementación na ula en soportes diversos
Un produto final por cada tarefa
Ao remate da actividade
Elaboración dun banco de tarefas
As tarefas deseñadas coa súa documentación
Ter deseñadas a lo menos de forma completa dúas tarefas
Ao remate da actividade
Elaboración dun documento con propostas de mellora
O propio documento
Inclúa un guión con propostas de mellora sobre o seminario e propostas de continuidade
Ao remate da actividade
Satisfacción do grupo co traballo realizado
Acta da sesión final de reflexión
A maioría dos participantes valore como positivo a evolución do seminario
Ao remate da actividade

Iniciamos o curso 2015/16.

lunes, 8 de diciembre de 2014

ORGANIGRAMA PROXECTO

O organigrama final do proxecto será similar ao seguinte, aínda que as sesións poidan sufrir algunha modificación: