Todos los triunfos nacen cuando nos atrevemos a comenzar. EUGENE WARE Saber no es suficiente; tenemos que aplicarlo. JOHANN W. GOETHE Si buscas resultados diferentes no hagas siempre lo mismo. ALBERT EINSTEIN.
jueves, 25 de febrero de 2016
ANIMALANDIA
Animalandia é un documental sobre os nosos animais preferidos, unha tarefa que fixeron os nen@s de terceiro utilizando diversas aplicacións: TouchCast, Piccollage e iMovie. Éste foi o produto final
Este produto ten a súa base no seguinte documento.
martes, 23 de febrero de 2016
SESIÓN 5. (Xoves, 11 de febreiro de 2016)
Unha vez iniciado o camiño do seminario en sí no sentido de plantexar as liñas xerais e de consensuar as tarefas a realizar ademais das parellas ou grupos implicados nelas, agora situámonos nunha especie de comezo. Neste caso as tarefas ademais de coller forma no seu deseño e redacción xa empezan a poñerse en marcha nas aulas xa que para chegar ás creacións previstas xa non podemos deixar pasar máis tempo. Incluso cabe a posibilidade de que certas tarefas non tan reflexionadas nin cun produto moi perfilado sexan subidos tamén ao blogue como mostra do proceso e como a especie de banco de tarefas que é un dos obxectivos do seminario.
Tendo presente que haberá que facer correccións e extraer conclusións de cara a futuras tarefas que é precisamente do que se trata.
Quedaron perfectamente distribuidos os camiños para cada tarefa. De xeito que xa cada membro implicado xa ten claro as liñas xerais do traballo que queda por facer.
lunes, 22 de febrero de 2016
EL EJEMPLO DE FINLANDIA
Nos seguintes documentos resúmense os motivos polos que Finlandia podería ou debería ser un exemplo a seguir. Cando menos, algunhas das súas virtudes e/ou fortalezas poderína ser adaptables á nosa realidade.
sábado, 6 de febrero de 2016
SESIÓN 4. (Xoves, 21 de xaneiro de 2016)
Tendo recente a sesión de formación do luns que para algúns membros do seminario foi a primeira neste sentido, máis esta sesión na que a asesora Cris Puga "atacou" as nosas tarefas previo filtro no cfr; quedou o camiño bastante máis claro. Parece polo tanto esta cuarta sesión un punto de inflexión importante.
Quedaron claras tres cuestións. Primera, pensar sempre se na redacción e deseño da tarefa estamos ofrecendo toda a información necesaria para que ningún aspecto da tarefa quede esquecido ou sobreentendido. Segunda, comprobar a pertinencia da tarefa para o nivel; xa que pode que teñamos unha tarefa que nos enche pero que non cumpre os estándares do curso para o que vai pensada. E, terceira, plantexarse se compensa o volume e características da tarefa para traballar un só estándar de avaliación.
Queda por diante agora avanzar e profundizar nas tarefas que temos encamiñadas.

SESIÓN 3. (Luns, 18 de xaneiro de 2016)
Tivemos no CFR de Vigo a primeira sesión de formación a cargo de Ana Da Vila Alonso. Nela abordou a estrutura a seguir no deseño dunha tarefa. Aínda que é complexo como todos sabemos resumir un traballo enorme nunhas poucas horas, saímos cunha idea reforzada e clara sobre os principais aspectos cando se deseña e planifica unha tarefa. E en calquera caso, o principal, comezar a facer. Na liña do que tamén comentamos cos alumnos, aprender facendo.
martes, 12 de enero de 2016
UNA IMAGEN LO DICE TODO.
Cuando una imagen es capaz de resumirlo todo y hacer reflexionar cómo ayuda.
En el siguiente enlace se puede leer la argumentación de esta imagen.http://www.elblogdemanuvelasco.com/2014/12/escuela-tradicional-vs-escuela-que-esta.html
En el siguiente enlace se puede leer la argumentación de esta imagen.http://www.elblogdemanuvelasco.com/2014/12/escuela-tradicional-vs-escuela-que-esta.html
miércoles, 23 de diciembre de 2015
Entrevista a José Antonio Marina en La Sexta Noche
Muchos de los avisos y análisis que ofrece José Antonio Marina engloban los que nos pueden llegar por muchas vías. Ponentes, periódicos, artículos, ... (Los dos primeros minutos son precindibles).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)