Todos los triunfos nacen cuando nos atrevemos a comenzar. EUGENE WARE Saber no es suficiente; tenemos que aplicarlo. JOHANN W. GOETHE Si buscas resultados diferentes no hagas siempre lo mismo. ALBERT EINSTEIN.
lunes, 28 de marzo de 2016
SESIÓN 7. (Luns, 14 de marzo de 2016)
Aínda que todavía poden ser revisables e susceptibles de modificación as tarefas xa empezan a convencernos. Por iso nesta sesión dimos un paso adiante e foi o momento de plantexar a elaboración de rúbricas de avaliación. En calquera caso trátase de escoller un estándar, que poda e interese avaliar deste xeito, dunha actividade de cada tarefa das deseñadas ata o momento.
Coa axuda da asesora Cris Puga tivemos unha visión moi centrada nos pasos necesarios e básicos para facer unha rúbrica cos menores erros posible. De todos modos terán que pasar o filtro do cfr e dunha próxima sesión dirixida precisamente a perfeccionar as rúbricas que deseñemos na seguinte sesión.
Así comeza a tomar forma todo o proceso que engloba a unha tarefa.
martes, 15 de marzo de 2016
RÚBRICAS PARA AVALIAR
Despois de deseñar actividades e exercicios para desenvolver tarefas agora é o momento de empregar algunha rúbrica para avaliar o nivel de desempeño dun estándar que consideremos importante dentro da tarefa.
domingo, 28 de febrero de 2016
FÁBULA DE LOS MONOS
Unha "explicación" da resistencia ao cambio. É moi interesante combinalo coa lectura do libro "¿Quién se ha llevado mi queso?".
ANIMALANDIA (deseño da tarefa)
O banco de tarefas comeza con esta que non pasou por moitos filtros xa que tal como se deseñou e se realizou cos alumnos-as así quedou. En calquera caso trátase tamén dun entrenamento ademais de ir acumulando posibles tarefas que funcionen como base para o deseño ou aproveitamento futuro.
SESIÓN 6. (Xoves, 25 de febreiro de 2016)
A sensación que temos despois desta sexta sesión é que isto empeza a coller forma. Unha vez que os equipos dentro do seminario quedaron clarificados neste caso foi o momento de pulir as tarefas en canto a actividades e estándares correspondentes. Na maioría das actividades necesarias para desenrolar as tarefas xa rexistramos os exercicios necesarios á súa vez para levar a cabo cada actividade.
Básicamente temos xa en camiño. en proceso de profundización e perfeccinoamento as seguintes tarefas:
- Concurso lingüístico sobre vocabulario básico de astroloxía. 2º.
- Xogo para infantil.
- Somos infantilímpicos. 5º educación infantil (4 anos).
- Casualidades da vida. 5º educación primaria. Froito finalmente dunha fusión entre a tarefa orixinal de casualidades e de guión literario.
- Sen perdernos en Castrelos. 3º educación primaria. Actividade de carreira de orientación con estándares de sociais.
Ademais destas tarefas centrais e de aprendizaxe digamos profundo; pouco a pouco tamén comezan a aparecer probas que non pasan o filtro do propio seminario nin da asesora pero que serven como estaba prometido para o banco de tarefas e como "entrenamento". Iso pódese consultar nas seccións de Creaciones y Planificaciones na que xa subimos a tarefa ANIMALANDIA realizado polos alumnos-as da titoría de 3º da mestra Gloria.

jueves, 25 de febrero de 2016
ANIMALANDIA
Animalandia é un documental sobre os nosos animais preferidos, unha tarefa que fixeron os nen@s de terceiro utilizando diversas aplicacións: TouchCast, Piccollage e iMovie. Éste foi o produto final
Este produto ten a súa base no seguinte documento.
martes, 23 de febrero de 2016
SESIÓN 5. (Xoves, 11 de febreiro de 2016)
Unha vez iniciado o camiño do seminario en sí no sentido de plantexar as liñas xerais e de consensuar as tarefas a realizar ademais das parellas ou grupos implicados nelas, agora situámonos nunha especie de comezo. Neste caso as tarefas ademais de coller forma no seu deseño e redacción xa empezan a poñerse en marcha nas aulas xa que para chegar ás creacións previstas xa non podemos deixar pasar máis tempo. Incluso cabe a posibilidade de que certas tarefas non tan reflexionadas nin cun produto moi perfilado sexan subidos tamén ao blogue como mostra do proceso e como a especie de banco de tarefas que é un dos obxectivos do seminario.
Tendo presente que haberá que facer correccións e extraer conclusións de cara a futuras tarefas que é precisamente do que se trata.
Quedaron perfectamente distribuidos os camiños para cada tarefa. De xeito que xa cada membro implicado xa ten claro as liñas xerais do traballo que queda por facer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)