Nesta ocasión a sesión tiña a seguinte orde do día. Expoñer as tarefas que cada pequeno grupo (parellas, tríos,...) pensou; coa idea de aproveitar as aportacións que fixeran os demais. Aclaramos también o interesante que é usar o Google Drive, tanto para avanzar no traballo interno como á hora de comunicar ou enviar traballos á asesora. Por último, comentamos as distintas seccións do blogue e o feito de facer as entradas respectando as etiquetas. Creaciones; para os produtos finais e os traballos dos alumnos-as. Planificación; para colgar o deseño das tarefas cando o consideremos pechado. Formación; aí irán presentacións, documentos, ... que calquera vexa oportuno subir. Sesiones; a explicación e a evolución do proceso de traballo que fomos levando a cabo. Reflexión; ideas extraídas de artigos, revistas, ... ou propias que veñen a reforzar a pertinencia do enfoque que pretendemos acadar. Recursos; sobre todo apps, ou técnicas metodolóxicas que atopemos ou investigemos.
En canto teñamos as tarefas rexistradas en canto a actividades e os seus estándares subirémolas ao Drive para que as asesoras "castiguen" os nosos erros.
Por outra banda o principal debate interno que xa ven desde o comezo xirou ao redor de dúas ideas que en definitiva non son contrapostas pero que responden aos distintos ritmos que cada quen ten. Temos unha tendencia que é a de implementar dun xeito máis o menos inmediato as tarefas que se pensen e outra á que non lle importa ter tarefas deseñadas aínda que a implementación non sexa inmediata nin a medio prazo. En realidade, ambas tendencias responden ás dúas motivacións iniciais que tiñamos; o seminario tiña que valer para o traballo cotiá como así dí o propio nome que temos pero tamén figura entre os obxectivos acadar un almacén (banco) de tarefas que por cuestións de tempo non se poderán implementar todas.
En calquera caso haberá implementación das principais como ademais esixe as propias condicións dun seminario e se a maiores se deseñan máis tarefas pois serán benvidas.
O principal acordo que tomamos foi que nas sesións que teñamos directamente de traballo como a de este xoves dous tercios do tempo será para traballo de deseño entre o grupo de cada tarefa y o último tercio expoñemos aos demais co fin de dar a coñecer aos demais o que fai cada grupo e abertos ás aportacións que todos podemos facer. Tendo en conta todo o que haberá que ir incluindo na tarefa a implementar durante o transcurso do seminario.
Outro aspecto a destacar para rematar é que por enriba de modelos de rexistro do deseño e programación da tarefa seguramente acabaremos adaptando un xeito de facer que interioricemos como noso. Buscando certa simplificación e facilidade de traballo.
Todos los triunfos nacen cuando nos atrevemos a comenzar. EUGENE WARE Saber no es suficiente; tenemos que aplicarlo. JOHANN W. GOETHE Si buscas resultados diferentes no hagas siempre lo mismo. ALBERT EINSTEIN.
viernes, 27 de noviembre de 2015
lunes, 23 de noviembre de 2015
APP MADPAD
Nesta aplicación poden aparecer todos os teus alumnos-as simultáneamente na pantalla; cada un nunha celda. Äí poden deixar mensaxes, creacións,... enlazando a intervención de cada un. Ademais do que a imaxinación de cada quen lle dicte.
JOSÉ ANTONIO MARINA en Vigo.
O pasado mércores 18 de novembro no marco do Club Faro de Vigo impartiu unha conferencia o filósofo e pedagogo José Antonio Marina. Moi de actualidade por dous motivos; ten o encargo do ministro de elaborar o "Libro blanco da profesión docente" e a publicación do seu libro "Despertad al diplodocus" no que se pretende dar un enfoque co que a educación española cambiaría nun periodo de 5 anos.
Independentemente da opinión que se teña das súas afirmacións e dos seus enfoques hai unhas cantas ideas que ben seguro son case incuestionables. Por exemplo a que serveu de titular na noticia do periódico do día seguinte: "A escola transfórmase cambiando na aula, non as leis, para que o neno-a aprenda". Disto despréndense dúas conclusións. A primeira é que a excusa tan frecuente de que a culpa é dos de arriba, das leis, ... "impide" reaccionar no traballo cotiá. A segunda que o importante é que o neno-a aprenda, non que aprobe (que ten a súa importancia, pero non a única).
Isto da pé a outra reflexión. É lóxico que teñamos tanto presión ou autopresión por cubrir o currículo a costa de "non perder tempo", por enriba de todo,... en alumnos-as por exemplo de primaria que teñen todavía moitos anos escolares por diante? En lugar de centrarse nas necesidades esenciais que logo vai necesitar, do que se da en chamar as habilidades do século XXI.
Certo é que como di Marina, a preocupación en canto á educación é menor da que moitas veces se presume, que nunca aparece entre as principais preocupacións dos políticos e incluso da propia sociedade.
Todo isto responde a que "se non collemos a tempo o tren da aprendizaxe, corremos o perigo de onvertirnos no bar de copas de Europa".
Como apunte de solucións propuso as seguintes:
- disminuir a ratio de alumnos-as por docente.
- reducir o máximo posible a cantidade de docentes interinos.
- cambios na inspección educativa (que sexa principalemente asesora).
- instalar unha especie de MIR na educación para formar aos docentes.
- modificar o sistema de elexir aos directores.
- avaliar a calidade docente.
sábado, 21 de noviembre de 2015
SESIÓN 1
Estreanos o seminario coa primeira sesión o xoves 12 de novembro. Despois de manter unha reunión previa na que acordaramos facer unha exposición das ideas de tarefa que ten cada un para que os demais fagan aportacións, críticas, axudas, ... nesta sesión xa coa asesora Cris Puga acordamos comezar a desenvolver as actividades necesarias para facer a tarefa exposta. Engadindo o estándar ou estándares máis relacionados con esa actividade.
Polo tanto acordamos unificar as dúas decisións para a seguinte sesión.
Por outra banda na sesión deixamos establecida a necesidade de manter o blog do seminario anterior pero cunha estrutura distinta. Asemesmo outra decisión foi empregar o Google Drive para coordinar mellor o traballo entre os implicados directamente en cada tarefa ou que os demais tamén podan aportar nela.
Finalmente adoptamos como modelo de ficha para rexistrar o deseño das tarefas un formato no que todos-as sepamos e podamos incluir cada documento no Google Drive.
Polo tanto acordamos unificar as dúas decisións para a seguinte sesión.
Por outra banda na sesión deixamos establecida a necesidade de manter o blog do seminario anterior pero cunha estrutura distinta. Asemesmo outra decisión foi empregar o Google Drive para coordinar mellor o traballo entre os implicados directamente en cada tarefa ou que os demais tamén podan aportar nela.
Finalmente adoptamos como modelo de ficha para rexistrar o deseño das tarefas un formato no que todos-as sepamos e podamos incluir cada documento no Google Drive.
jueves, 12 de noviembre de 2015
CURSO 2015-16: NOVO PROXECTO NO CEIP CANICOUVA "TAREFAS PARA O COTIÁ"
SEMINARIO: TAREFAS PARA O COTIÁ (40 h)
A actividade constará de:
Docencia
|
Grupo
|
Individual
|
12 horas
(9 horas doc externa)
|
20 horas
|
8 horas
|
Obxectivos do proxecto de formación para o curso 2015/16- Tarefas para o cotiá son:
- Deseñar tarefas e actividades para implementar na aula.
- Empregar unha metodoloxía activa e colaborativa na implementación das tarefas na aula.
- Aumentar a participación activa con maior protagonismo e implicación dos alumnos-as.
- Preparar as exposicións finais para o Proxecto Documental Integrado do centro: DESCUBRIMENTOS e INVENTOS.
- Crear unha rede de aprendizaxe con intención de continuidade e con carácter aberto (incluso con outros centros ou docentes). [Blogue, …]
- Acadar un banco de tarefas a longo prazo que funcione como tarefas patrón ás que acudir.
- Cooperar entre os membros docentes e da comunidade educativa compartindo e creando ideas, propostas e experiencias.
Para avaliar si cumprimos estes obxectivos empregaremos o seguinte:
Característica
|
Indicador
|
Criterio de aceptación
|
Temporalización
|
Elaboración de tarefas integradas
|
As propias tarefas
|
Unha tarefa para cada grupo/clase no que imparten docencia os participantes
|
Ao remate do 2º trimestre
|
Aplicación na aula da tarefa integrada
|
Evidencias de implementación na ula en soportes diversos
|
Un produto final por cada tarefa
|
Ao remate da actividade
|
Elaboración dun banco de tarefas
|
As tarefas deseñadas coa súa documentación
|
Ter deseñadas a lo menos de forma completa dúas tarefas
|
Ao remate da actividade
|
Elaboración dun documento con propostas de mellora
|
O propio documento
|
Inclúa un guión con propostas de mellora sobre o seminario e propostas de continuidade
|
Ao remate da actividade
|
Satisfacción do grupo co traballo realizado
|
Acta da sesión final de reflexión
|
A maioría dos participantes valore como positivo a evolución do seminario
|
Ao remate da actividade
|
Iniciamos o curso 2015/16.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)