Nesta ocasión a sesión tiña a seguinte orde do día. Expoñer as tarefas que cada pequeno grupo (parellas, tríos,...) pensou; coa idea de aproveitar as aportacións que fixeran os demais. Aclaramos también o interesante que é usar o Google Drive, tanto para avanzar no traballo interno como á hora de comunicar ou enviar traballos á asesora. Por último, comentamos as distintas seccións do blogue e o feito de facer as entradas respectando as etiquetas. Creaciones; para os produtos finais e os traballos dos alumnos-as. Planificación; para colgar o deseño das tarefas cando o consideremos pechado. Formación; aí irán presentacións, documentos, ... que calquera vexa oportuno subir. Sesiones; a explicación e a evolución do proceso de traballo que fomos levando a cabo. Reflexión; ideas extraídas de artigos, revistas, ... ou propias que veñen a reforzar a pertinencia do enfoque que pretendemos acadar. Recursos; sobre todo apps, ou técnicas metodolóxicas que atopemos ou investigemos.
En canto teñamos as tarefas rexistradas en canto a actividades e os seus estándares subirémolas ao Drive para que as asesoras "castiguen" os nosos erros.
Por outra banda o principal debate interno que xa ven desde o comezo xirou ao redor de dúas ideas que en definitiva non son contrapostas pero que responden aos distintos ritmos que cada quen ten. Temos unha tendencia que é a de implementar dun xeito máis o menos inmediato as tarefas que se pensen e outra á que non lle importa ter tarefas deseñadas aínda que a implementación non sexa inmediata nin a medio prazo. En realidade, ambas tendencias responden ás dúas motivacións iniciais que tiñamos; o seminario tiña que valer para o traballo cotiá como así dí o propio nome que temos pero tamén figura entre os obxectivos acadar un almacén (banco) de tarefas que por cuestións de tempo non se poderán implementar todas.
En calquera caso haberá implementación das principais como ademais esixe as propias condicións dun seminario e se a maiores se deseñan máis tarefas pois serán benvidas.
O principal acordo que tomamos foi que nas sesións que teñamos directamente de traballo como a de este xoves dous tercios do tempo será para traballo de deseño entre o grupo de cada tarefa y o último tercio expoñemos aos demais co fin de dar a coñecer aos demais o que fai cada grupo e abertos ás aportacións que todos podemos facer. Tendo en conta todo o que haberá que ir incluindo na tarefa a implementar durante o transcurso do seminario.
Outro aspecto a destacar para rematar é que por enriba de modelos de rexistro do deseño e programación da tarefa seguramente acabaremos adaptando un xeito de facer que interioricemos como noso. Buscando certa simplificación e facilidade de traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario