Independentemente da opinión que se teña das súas afirmacións e dos seus enfoques hai unhas cantas ideas que ben seguro son case incuestionables. Por exemplo a que serveu de titular na noticia do periódico do día seguinte: "A escola transfórmase cambiando na aula, non as leis, para que o neno-a aprenda". Disto despréndense dúas conclusións. A primeira é que a excusa tan frecuente de que a culpa é dos de arriba, das leis, ... "impide" reaccionar no traballo cotiá. A segunda que o importante é que o neno-a aprenda, non que aprobe (que ten a súa importancia, pero non a única).
Isto da pé a outra reflexión. É lóxico que teñamos tanto presión ou autopresión por cubrir o currículo a costa de "non perder tempo", por enriba de todo,... en alumnos-as por exemplo de primaria que teñen todavía moitos anos escolares por diante? En lugar de centrarse nas necesidades esenciais que logo vai necesitar, do que se da en chamar as habilidades do século XXI.
Certo é que como di Marina, a preocupación en canto á educación é menor da que moitas veces se presume, que nunca aparece entre as principais preocupacións dos políticos e incluso da propia sociedade.
Todo isto responde a que "se non collemos a tempo o tren da aprendizaxe, corremos o perigo de onvertirnos no bar de copas de Europa".
Como apunte de solucións propuso as seguintes:
- disminuir a ratio de alumnos-as por docente.
- reducir o máximo posible a cantidade de docentes interinos.
- cambios na inspección educativa (que sexa principalemente asesora).
- instalar unha especie de MIR na educación para formar aos docentes.
- modificar o sistema de elexir aos directores.
- avaliar a calidade docente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario