miércoles, 9 de diciembre de 2015

Mapa para a carreira de orientación no recinto escolar.

Xa temos aquí o primeiro produto, a primeira creación na que os alumnos-as de 3º B de Primaria do CEIP Canicouva de Vigo tiveron un grande protagonismo.  Na liña do que estamos a perseguir.
Pódense observar os mapas nos que os nenos-as decidiron os escondites donde agochar as balizas e tamén os percorridos que eles mesmos deseñaron.  Cada grupo deseñou un percorrido que logo fixo outro grupo o XOVES 9 de decembro de 2015.  Tamén colaboraron na elaboración das balizas.  Na presentación puxemos a modo de exemplo a nº 91.  Ademais levaban as tarxetas de control donde tiñan que anotar o número que atopaban na baliza correspondente.
Antes de chegar á carreira no recinto fixemos prácticas na aula.  Nela tiveron que atopar gomets agochados e logo eles mesmos-as esconderon gomets e deseñaron percorridos para que fixeran outros grupos xa que non poden coñecer nin escondites nin percorridos, claro está.


 

A continuación se pode ver o ben que o pasaron o día clave.  Por fin ían sair ao exterior do edificio para facer a carreira. NON LLES CHEGABA O MOMENTO.

CARREIRA DE ORIENTACIÓN NO CANICOUVA. 9-12-2015 - Kizoa Movie Maker

VÉMONOS NA CARREIRA DEFINITIVA NO PARQUE DE CASTRELOS....

No hay comentarios:

Publicar un comentario