miércoles, 23 de diciembre de 2015

Entrevista a José Antonio Marina en La Sexta Noche

Muchos de los avisos y análisis que ofrece José Antonio Marina engloban los que nos pueden llegar por muchas vías. Ponentes, periódicos, artículos, ... (Los dos primeros minutos son precindibles).

miércoles, 16 de diciembre de 2015

Intentando dar luz ás tarefas.

Esta presentación pretende complementar dun xeito máis visual as últimas entradas tanto en Formación como en Reflexión.

martes, 15 de diciembre de 2015

Una visión relevante y "revelante".

Todas las afirmaciones proceden de un libro en el que el autor demuestra que ciertos planteamientos llegaron a ponerse en práctica.


lunes, 14 de diciembre de 2015

PEDAGOGÍAS CLANDESTINAS

Aunque el artículo completo se puede consultar en el blog de María Acaso en la sección BLOGABLOGA me gustaria destacar unos breves aspectos:
- Los profesionales que intentan innnovar y actualizar se ven obligados a "innovar sin pedir permiso".
Se lanzan unas preguntas que provocan reacción al leerlas:
- ¿Por qué esconder el despertar del sentido crítico, las ganas de pensar, el trabajo colaborativo, la creatividad?
- ¿Por qué somos siempre los que incitamos el cambio los que tenemos que dar explicaciones, convencer, ... en vez de ser los que NO quieren cambiar los que las ofrezcan?
Y, es más, soportar incomprensión, risas o comentarios contrarios, el empuje de las "mayorías reticentes".
Día a día se establecen unos procesos de aprendizaje mediante los que nunca nadie realmente llegará a aprender con la interiorización necesaria.

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Mapa para a carreira de orientación no recinto escolar.

Xa temos aquí o primeiro produto, a primeira creación na que os alumnos-as de 3º B de Primaria do CEIP Canicouva de Vigo tiveron un grande protagonismo.  Na liña do que estamos a perseguir.
Pódense observar os mapas nos que os nenos-as decidiron os escondites donde agochar as balizas e tamén os percorridos que eles mesmos deseñaron.  Cada grupo deseñou un percorrido que logo fixo outro grupo o XOVES 9 de decembro de 2015.  Tamén colaboraron na elaboración das balizas.  Na presentación puxemos a modo de exemplo a nº 91.  Ademais levaban as tarxetas de control donde tiñan que anotar o número que atopaban na baliza correspondente.
Antes de chegar á carreira no recinto fixemos prácticas na aula.  Nela tiveron que atopar gomets agochados e logo eles mesmos-as esconderon gomets e deseñaron percorridos para que fixeran outros grupos xa que non poden coñecer nin escondites nin percorridos, claro está.


 

A continuación se pode ver o ben que o pasaron o día clave.  Por fin ían sair ao exterior do edificio para facer a carreira. NON LLES CHEGABA O MOMENTO.

CARREIRA DE ORIENTACIÓN NO CANICOUVA. 9-12-2015 - Kizoa Movie Maker

VÉMONOS NA CARREIRA DEFINITIVA NO PARQUE DE CASTRELOS....

martes, 8 de diciembre de 2015

CONTIDO DAS PESTANAS DO NOSO BLOGUE.

Os contidos que estamos a elaborar e que vertemos no blogue responden aos seguintes apartados cada un coa súa pestana:
CITAS.  Aquelas frases relativas a educación ou non pero que poden ser aproveitables.
CREACIONES.  Os produtos e creacións feitas polos alumnos-as subirán a esta sección.
PLANIFICACIÓN. Aquí poderemos consultar o deseño curricular de cada produto, de cada tarefa.
FORMACIÓN. Todo o material que poda axudar a mellora aquí estará; pode proceder de ponencias, conferencias, cursos, material escrito, web, ...
REFLEXIÓN.  Complementa ao anterior pero bebe de fontes menos directas; opinións periodísticas, de especialistas pero xerais, propias dos membros do grupo de traballo, ...
RECURSOS. Enfocado sobre todo a recursos dixitais; aplicacións, páxinas webs, ...
SESIONES. Explicación detallada do proceso a levar a cabo no grupo de traballo TAREFAS PARA O COTIÁ.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Opinión periodística sobre la evaluación.

En el siguiente artículo se pueden leer opiniones sobre algunos aspectos de la situación de la educación muy reveladores.  En cursiva el texto literal del periodista.

La Furia Evaluadora de La Enseñanza Española. Voz de Galicia

martes, 1 de diciembre de 2015

Frases para pensar.

- "El zapato que va bien a una persona es estrecho para otra: no hay receta de la vida que vaya bien para todos". Carl Jung.
- "Saber no es suficiente; tenemos que aplicarlo. Tener voluntad no es suficiente: tenemos que implementarla". Johann W. Goethe.
- "Los hombre y pueblos en decadencia viven acordándose de dónde vienen; los hombres geniales y pueblos fuertes solo necesitan saber a dónde van". José Ingenieros.
- "Si no puedes volar entonces corre, si no puedes correr entonces camina, si no puedes caminar entonces arrástrate, pero sea lo que hagas, sigue moviéndote hacia adelante". Martin Luther King.
- "Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo". Benjamin Franklin.
- "Donde todos piensan igual nadie piensa mucho"
- "Yo no estoy de acuerdo con lo que usted dice, pero me pelearía para que usted pudiera decirlo" Voltaire.
- "Para abrir nuevos caminos, hay que inventar; experimentar, crecer, correr riesgos, romper las reglas, equivocarse... y divertirse". Mary Lou Cook.
- "No esperes que lleguen las circunstancias ideales ni la mejor ocasión para actuar, porque, tal vez no lleguen nunca".
- "La más consistente característica de las civilizaciones en decadencia es la tendencia a la estandarización y la uniformidad". Arnold Toynbee.

viernes, 27 de noviembre de 2015

SESIÓN 2. (Xoves, 26 de novembro de 2015)

Nesta ocasión a sesión tiña a seguinte orde do día.  Expoñer as tarefas que cada pequeno grupo (parellas, tríos,...) pensou; coa idea de aproveitar as aportacións que fixeran os demais.  Aclaramos también o interesante que é usar o Google Drive, tanto para avanzar no traballo interno como á hora de comunicar ou enviar traballos á asesora.  Por último, comentamos as distintas seccións do blogue e o feito de facer as entradas respectando as etiquetas.  Creaciones; para os produtos finais e os traballos dos alumnos-as.  Planificación; para colgar o deseño das tarefas cando o consideremos pechado. Formación; aí irán presentacións, documentos, ... que calquera vexa oportuno subir. Sesiones; a explicación e a evolución do proceso de traballo que fomos levando a cabo. Reflexión; ideas extraídas de artigos, revistas, ... ou propias que veñen a reforzar a pertinencia do enfoque que pretendemos acadar.  Recursos; sobre todo apps, ou técnicas metodolóxicas que atopemos ou investigemos.
En canto teñamos as tarefas rexistradas en canto a actividades e os seus estándares subirémolas ao Drive para que as asesoras "castiguen" os nosos erros.
Por outra banda o principal debate interno que xa ven desde o comezo xirou ao redor de dúas ideas que en definitiva non son contrapostas pero que responden aos distintos ritmos que cada quen ten.  Temos unha tendencia que é a de implementar dun xeito máis o menos inmediato as tarefas que se pensen e outra á que non lle importa ter tarefas deseñadas aínda que a implementación non sexa inmediata nin a medio prazo.  En realidade, ambas tendencias responden ás dúas motivacións iniciais que tiñamos; o seminario tiña que valer para o traballo cotiá como así dí o propio nome que temos pero tamén figura entre os obxectivos acadar un almacén (banco) de tarefas que por cuestións de tempo non se poderán implementar todas.
En calquera caso haberá implementación das principais como ademais esixe as propias condicións dun seminario e se a maiores se deseñan máis tarefas pois serán benvidas.
O principal acordo que tomamos foi que nas sesións que teñamos directamente de traballo como a de este xoves dous tercios do tempo será para traballo de deseño entre o grupo de cada tarefa y o último tercio expoñemos aos demais co fin de dar a coñecer aos demais o que fai cada grupo e abertos ás aportacións que todos podemos facer.  Tendo en conta todo o que haberá que ir incluindo na tarefa a implementar durante o transcurso do seminario.
Outro aspecto a destacar para rematar é que por enriba de modelos de rexistro do deseño e programación da tarefa seguramente acabaremos adaptando un xeito de facer que interioricemos como noso.  Buscando certa simplificación e facilidade de traballo.

lunes, 23 de noviembre de 2015

APP MADPAD

Nesta aplicación poden aparecer todos os teus alumnos-as simultáneamente na pantalla; cada un nunha celda.  Äí poden deixar mensaxes, creacións,... enlazando a intervención de cada un.  Ademais do que a imaxinación de cada quen lle dicte.

JOSÉ ANTONIO MARINA en Vigo.

O pasado mércores 18 de novembro no marco do Club Faro de Vigo impartiu unha conferencia o filósofo e pedagogo José Antonio Marina.  Moi de actualidade por dous motivos; ten o encargo do ministro de elaborar o "Libro blanco da profesión docente" e a publicación do seu libro "Despertad al diplodocus" no que se pretende dar un enfoque co que a educación española cambiaría nun periodo de 5 anos.
Independentemente da opinión que se teña das súas afirmacións e dos seus enfoques hai unhas cantas ideas que ben seguro son case incuestionables.  Por exemplo a que serveu de titular na noticia do periódico do día seguinte: "A escola transfórmase cambiando na aula, non as leis, para que o neno-a aprenda".  Disto despréndense dúas conclusións.  A primeira é que a excusa tan frecuente de que a culpa é dos de arriba, das leis, ... "impide" reaccionar no traballo cotiá.  A segunda que o importante é que o neno-a aprenda, non que aprobe (que ten a súa importancia, pero non a única).
Isto da pé a outra reflexión.  É lóxico que teñamos tanto presión  ou autopresión por cubrir o currículo a costa de "non perder tempo", por enriba de todo,... en alumnos-as por exemplo de primaria que teñen todavía moitos anos escolares por diante?  En lugar de centrarse nas necesidades esenciais que logo vai necesitar, do que se da en chamar as habilidades do século XXI.
Certo é que como di Marina, a preocupación en canto á educación é menor da que moitas veces se presume, que nunca aparece entre as principais preocupacións dos políticos e incluso da propia sociedade.
Todo isto responde a que "se non collemos a tempo o tren da aprendizaxe, corremos o perigo de onvertirnos no bar de copas de Europa".
Como apunte de solucións propuso as seguintes:
- disminuir a ratio de alumnos-as por docente.
- reducir o máximo posible a cantidade de docentes interinos.
- cambios na inspección educativa (que sexa principalemente asesora).
- instalar unha especie de MIR na educación para formar aos docentes.
- modificar o sistema de elexir aos directores.
- avaliar a calidade docente.

PONENCIA de José Ramón Gamo

sábado, 21 de noviembre de 2015

SESIÓN 1

Estreanos o seminario coa primeira sesión o xoves 12 de novembro.  Despois de manter unha reunión previa na que acordaramos facer unha exposición das ideas de tarefa que ten cada un para que os demais fagan aportacións, críticas, axudas, ... nesta sesión xa coa asesora Cris Puga acordamos comezar a desenvolver as actividades necesarias para facer a tarefa exposta.  Engadindo o estándar ou estándares máis relacionados con esa actividade.
Polo tanto acordamos unificar as dúas decisións para a seguinte sesión.
Por outra banda na sesión deixamos establecida a necesidade de manter o blog do seminario anterior pero cunha estrutura distinta.  Asemesmo outra decisión foi empregar o Google Drive para coordinar mellor o traballo entre os implicados directamente en cada tarefa ou que os demais tamén podan aportar nela.
Finalmente adoptamos como modelo de ficha para rexistrar o deseño das tarefas un formato no que todos-as sepamos e podamos incluir cada documento no Google Drive.

jueves, 12 de noviembre de 2015

CURSO 2015-16: NOVO PROXECTO NO CEIP CANICOUVA "TAREFAS PARA O COTIÁ"

SEMINARIO: TAREFAS PARA O COTIÁ (40 h)

A actividade constará de:


Docencia
Grupo
Individual
12 horas
(9 horas doc externa)
20 horas
8 horas


Obxectivos do proxecto de formación para o curso 2015/16- Tarefas para o cotiá son:


  1. Deseñar tarefas e actividades para implementar na aula. 
  2. Empregar unha metodoloxía activa e colaborativa na implementación das tarefas na aula.   
  3. Aumentar a participación activa con maior protagonismo e implicación dos alumnos-as. 
  4. Preparar as exposicións finais para o Proxecto Documental Integrado do centro: DESCUBRIMENTOS e INVENTOS. 
  5. Crear unha rede de aprendizaxe con intención de continuidade e con carácter aberto (incluso con outros centros ou docentes). [Blogue, …] 
  6. Acadar un banco de tarefas a longo prazo que funcione como tarefas patrón ás que acudir. 
  7. Cooperar entre os membros docentes e da comunidade educativa compartindo e creando ideas, propostas e experiencias.

Para avaliar si cumprimos estes obxectivos empregaremos o seguinte:



Característica
Indicador
Criterio de aceptación
Temporalización
Elaboración de tarefas integradas
As propias tarefas
Unha tarefa para cada grupo/clase no que imparten docencia os participantes
Ao remate do 2º trimestre
Aplicación na aula da tarefa integrada
Evidencias de implementación na ula en soportes diversos
Un produto final por cada tarefa
Ao remate da actividade
Elaboración dun banco de tarefas
As tarefas deseñadas coa súa documentación
Ter deseñadas a lo menos de forma completa dúas tarefas
Ao remate da actividade
Elaboración dun documento con propostas de mellora
O propio documento
Inclúa un guión con propostas de mellora sobre o seminario e propostas de continuidade
Ao remate da actividade
Satisfacción do grupo co traballo realizado
Acta da sesión final de reflexión
A maioría dos participantes valore como positivo a evolución do seminario
Ao remate da actividade

Iniciamos o curso 2015/16.

martes, 21 de abril de 2015

CHOCOBOLAS CON VIDEOSHOW

TELEDIARIOS TOUCH CAST de Canicouva.

O pasado xoves 16 de abril na sesión dedicada a traballar coa aplicación Touch Cast estivemos experimentando con ela. Fixemos minitelediarios anunciando a nosa tarefa e a pesar dos defectos e carencias os resultados, para ser a primeira toma de contacto, foron esperanzadores.

jueves, 16 de abril de 2015

Lugares para buscar uso didáctico de apps

En el siguiente muro de Pinterest tenéis varios proyectos donde se explica el uso didáctico de apps.


Telexornal: Novas de Competablets por Tarefas

Na sesión de hoxe tentaremos facer o noso telexornal do proxecto Competablets por tarefas onde presentamos de xeito breve as nosas tarefas.

Para facer o telexornal empregaremos a app TouchCast

Esta tarde poderemos mostrarvos os nosos resultados.

martes, 3 de marzo de 2015

Guión: deseño de tarefas


Esta sesión leva por título GUIÓN 
porque dentro do proxecto de formación 
será o momento no que empecemos a traballar co texto, 
co currículo, coas competencias, cos estándares...


ESQUEMA DA SESIÓN


INTRODUCIÓN Á METODOLOXÍA DE TAREFAS




PLANTILLA PARA FACER O PRIMEIRO BOCETO  DA TAREFA
Para a seguinte sesión debemos ter este esquema cuberto


PLANTILLA PARA DESEÑAR A TAREFA COMPLETA

Por último, preséntase a plantilla para a deseño da vosa tarefa, 
que será posta en práctica na aula no mes de MAIO.

Temos de prazo ata o día 19 de marzo para realizar o deseño da tarefa.


Para descargar as plantillas premedes en cada imaxe 
e despois dende Archivo escolledes o formato de descarga que prefirades.



viernes, 6 de febrero de 2015

Taboleiro colaborativo coas dúbidas técnicas para solventar na sesión de grupo

Escribide neste taboleiro as vosas dúbidas técnicas sobre o uso dos dispositivos. Eu fixen unha primeira entrada coas anotacións que teño da sesión de Posta en Común.

Para escribir unha entrada facede clic sobre o lápiz verde.



miércoles, 4 de febrero de 2015

LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Os nenos e nenas de 6º traballamos o poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro. Nel reflíctase o sentimento de melancolía e o amor pola súa terra que sinte Rosalía cando se ve lonxe dela. Gustounos moito e intentamos transmitir estos sentimentos nas nosas grabacións. Traballamos con as apps "Notegraphy" e "Tellagami".

SOMOS PANADEROS

martes, 3 de febrero de 2015

ENGLISH QUESTIONS

QUESTIONS AND ANSWERS (Pili e Ana)
Actividade realizada coa aplicación Sock Puppets, na que participaron tódolos alumnos de quinto nivel. Unha vez rematada a gravación na aplicación, o video subiuse a YouTube.

ABOUT FOOD

FOOD CHANT (Pili e Ana)


Cos alumnos de cuarto nivel e utilizando a aplicación Chatter Pix, e subindo o video a YouTube, relizamos a actividade que aquí podedes ver. Os debuxos foron relizados polos nenos.




SPORTS AND HOBBIES

 SPORTS AND HOBBIES (Ana e Pili)
Esta actividade foi creada cos alumnos de terceiro na aula de inglés. Para facela utilizamos a Tablet e a aplicación Thing Link e despois subímola a YouTube.





ADIVIÑAS DE SEGUNDO

Nesta ocasión gravamos o video dos nenos recitando coa tablet. Posteriormente subiuse o video ao canle youtube. Así foi a maneira de insertar o video no thinglink.

ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO (Merce e José Luis)

Estes son dous videos realizados coa aplicación Chatter Pix. Participaron os nenos de quinto nivel e traballaron a vida e obra de Rosalía de Castro. Unha vez feita a actividade os videos foron subidos  a Youtube


DESCUBRIENDO ESPAÑA

Los alumnos de 6º descubrieron las diferentes provincias de España a través de la app "Thinglink"

ABRÁZAME MUCHO

Con motivo del día de la Paz, los niños de 6º vieron el video alemán "Abrazo" reflexionando acerca de lo que este vídeo les sugería. Aquí os dejamos algunas de sus conclusiones...

TRABALENGUAS DE SEGUNDO

En Lengua Castellana, utilizando Lensoo, traballamos a expresión oral, o início do traballo con tablets e un chisquiño de grafomotricidade na pantalla.

jueves, 29 de enero de 2015

XESTOS DE CORES (Animoto)

O mesmo traballo que no caso anterior pero neste caso o que se fixo con Color Splash Effect foi enviado a Animoto. Pero soamente deixou subir 12 imaxes. Aínda así o efecto é moi chamativo.

Xestos de cores. (Animoto)

XESTOS DE CORES

Os nenos de infantil de 4 anos exploraron dúas aplicación "Color Splash Effect" e "Lensoo Create". Ademais tiveron que recurrir á imaxinación da que non están escasos como podedes ver. Eles fixeron as fotos e gravaron a súa voz para explicar o froito da súa imaxinación.

UNHA ANIMALADA DE PRIMEIRA!

Así titulamos nós, Conchi e Manuela, a actividade que fixemos coas nosas "criaturitas" de primerio. Aproveitando que as dúas estábamos a traballar os animais fixemos unha especie de diccionario bilingüe (galego-inglés). Utilizamos as apps "Tellagami" e "LensooCreate".

Este é o resultado da actividade usando a app Tellagami.


E o seguinte vídeo resume a actividade feita con "Lensoo Create".
Ao igual que no anterior traballo foron os propios nenos os que manipularon as tablets, introducindo os textos, insertando os seus debuxos e gravando o audio, aínda que neste video non se pode apreciar este último aspecto.


Lensoocreate from Conchy Orellana on Vimeo.

domingo, 18 de enero de 2015

REFLEXIÓNS SOBRE A 3ª SESIÓN DO XOVES 15 de XANEIRO de 2015

Con esta sesión que tivo dúas partes claramente diferenciadas empezamos a ter xa a sensación de entrar en materia.  Algo que en maior ou menor grao todos-as estabamos desexando.
Na primeira parte José Antonio Fraga "abrumounos" con todos os seus proxectos nos que os seus alumnos-as son claros protagonistas.  Amosou un traballo froito de tres anos de busca e innovación.  En calquera caso unha mostra moi extensa a cargo dun compañeiro a pé de aula coma nós o que fai pensar que é posible traballar nesa liña.  Unha conclusión desta parte é que seguemos a cargar o almacén de ideas e posibilidades.  Como crítica construtiva dicir que seguramente sería positivo que en lugar de amosar moitos proxectos, nun deles ou en dous profundizara máis coa intención de comprobar o desenvolvemento concreto do proxecto e con que recursos TIC o levou a cabo.
Na segunda parte distribuídos-as por grupos aos que se lles deu unha tarefa concreta para levar a cabo na Tablet a través das aplicación suxeridas.  Cada grupo "disfrutaba" dunha aplicación, en moitos casos case por primeira vez. 
Dispoñíamos de moi pouco tempo e aínda con esas presas e "presión" todos os grupos lograron plasmar, independentemente da calidade, as ideas que previamente aportou cada un dos membros a título individual.
Chegaron esas mostras a través das seguintes aplicación: tellagami, notegraphy, soundcloud, sockpuppets e chatterpix.  As tres primeiras existentes para android, aínda que traballamos coas ipad que trouxo a asesora.
A sensación final na que todos-as coincidimos é que con moi pouco dominio, moi pouca práctica (e inseguridades e medos) e con moi pouco tempo (uns 20-25') se conseguen xa uns froitos moi dignos que podedes observar.

viernes, 16 de enero de 2015

Cómo crear un artigo no blogue

Aquí tedes un mini-titorial onde podedes seguir os pasos para escribir un artigo no blogue e incluir nel unha etiqueta.

 

miércoles, 14 de enero de 2015

Plan de traballo: Bambalinas. Deseñando e implementando actividades de aula que integren as TIC



Despois da sesión (Camerino - Reflexión e Emprego didáctico de apps) onde traballamos con distintas aplicacións, agora cada un de vós debe escoller unha aplicación e deseñar unha actividade de aula con ela.

Para axudarvos no deseño da actividade, deixámosvos este documento, que debedes de copiar e traballar sobre él para o deseño da mesma.



A implementación das actividades de aula deberá realizarse antes do 1 de febreiro de 2015. Para despois poder reflexionar todos sobre, como nos foi?

AUTO-REFLEXIÓN : Despois de implementar a actividade faremos unha auto-reflexión da mesma cubrindo este AUTOINFORME.


Ánimo a tod@s


Sesión Camerino

PRESENTACIÓN DA EXPERIENCIA DE ANTONIO FRAGA

Nesta sesión Antonio Fraga (@O_fragha) contaranos a súa experiencia na aula. 


No seguinte enlace tedes os materiais dos proxectos traballados por @o_fragha e o seu alumnado.



Despois de ver os traballos do alumnado de @o_fragha imos reflexionar e experimentar as posibilidades de uso de varias apps das nosas tablets:

DINÁMICA DE REFLEXIÓN E EMPREGO DE APPS


Por grupos traballamos nas seguintes dinámicas:


Grupo 1: Reflexionamos sobre que acabo de ver? que penso sobre o que vin? que me pregunto? 

Para recoller os resultados empregaremos a app Tellagami.



Grupo 2: Reflexionamos sobre a participación en proxectos colaborativos. Que poden aportar á nosa aula?

Para recoller os resultados empregaremos a app Chatterpix.


Grupo 3: Reflexionamos sobre a creación de video na aula. 

Para recoller os resultados empregaremos a app Sockpuppets.




Grupo 4: Reflexionamos sobre o emprego do audio na aula. 
Para recoller os resultados empregaremos a app soundcloud.


Grupo 5: Reflexionamos sobre as aportación de producións gráficas na aula.

Para recoller os resultados empregaremos a app Notegraphy.


Os resultados da sesión deben ser publicados no blogue do noso proxecto Competablets por Tarefas.